DÍA DA PAZ
Como todos os anos, o día 30 de xaneiro conmemoramos no noso centro o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, levando a cabo diversas actividades que nos fagan recordar a todos -alumnos, profesores, familias…- o importante que é este valor universal para o desenvolvemento da vida.
Sabemos que, dependendo da cultura e o seu contexto, existen símbolos distintos que a representan e a poñen en valor, por iso quixemos facer un pequeno labor de investigación en todos os cursos para informarnos de cales son os máis representativos, qué significan e compartilo cos demais nun acto no que participamos todas as clases e profes do colexio. Así, desde os máis pequenos ata os maiores fomos aprendendo un montón de cousas sobre a pomba da paz, a bandeira, a pipa, a grúa, as mans brancas, o CDN, etc.
Cando todos expuxeramos os nosos traballos e murais ou bandeiriñas, lemos tamén algunhas frases célebres e despedimos o acto cantando e bailando a canción Tu sonrisa, “banda sonora” da Paz este ano. Pasámolo de marabilla!