CONCURSO COCA-COLA

O concurso de Relato Curto de Coca-Cola é un dos certames literarios para escolares máis prestixiosos de España. Todos os anos, desde o 1960, miles de adolescentes soñan con poder participar nel e conseguir algún dos seus premios. Os nosos alumnos e alumnas de Segundo de ESO, unha vez máis, acaban de xuntar a súa ilusión coa de moitos outros rapaces e rapazas da área de Vigo que tamén acudiron á chamada deste premio. O venres 9 de marzo concursaron Gabriel, Ana e Álex, na modalidade de lingua galega, e o día 16 foron Caetana, Lydia e Sabela as que o fixeron por lingua española. Moita sorte a todos os nosos escritores e escritoras!

 

Blog Attachment

Déixanos un comentario