TIC no colexio

Tecnoloxías da información e comunicación

  • As TIC ofrecen ao campo educativo unha diversidade de ferramentas que ao seren utilizadas de maneira adecuada e ben dirixidas poden axudar a obter excelentes resultados na aprendizaxe dos estudantes. Esta é a razón pola que todas as nosas aulas están adaptadas ás novas tecnoloxías e equipadas con pizarras dixitais. Ademais, o centro participa no Proxecto Abalar da Xunta de Galicia (con aulas dotadas de ultraportátiles para cada alumno), dispón de aula multimedia con equipos conectados en rede e aulas específicas para proxección audiovisual. O obxectivo é introducir nas aulas as diferentes ferramentas e recursos dixitais que permitan o desenvolvemento da Competencia Dixital do noso alumnado, conseguindo que profundicen nas materias que se imparten a través dunha pedagoxía máis activa e motivadora.