OS TRANSPORTES
Traballar na aula por proxectos supón escoitar os nenos da clase, descubrir o que lles interesa e motivar a partir do que xa saben para chegar o que eles queren saber. E así foi como na clase de 4 anos chegaron os transportes … Despois de días escoitando: o meu pai lévame no carriolo, temos na casa unha moto de trial, regaláronme un coche de carreiras e vendo as caras de emoción e ilusión cando se falaba do tema, decidimos coñecer moito mais. Grazas a profe Lucía coñecemos os diferen..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Infantil
SUPER-DETECTIVES
INVESTIGANDO NO MUSEO Este luns pasado, moi cedo, viaxamos a Vigo. No museo coñecemos a Pintafontes e axudámoslle a resolver un misterio. Alguén durante a noite fixera unha festa na sala e deixara pegadas de pintura verde e azul por alí. O xuíz culpou os peluches pero nós sabiamos que eles non foran. Estivemos investigando, estudando pistas, e démonos de conta que Brancaneves era a infractora. Fomos a canda o xuíz, este deunos as chaves e liberamos os bonecos. Cumprida a misión, tomamos..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Infantil
GRANDES XORNALISTAS
Estes días celebramos “A SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA”. É unha conmemoración que aparece no Calendario Escolar de Galicia desde 1989 co gallo de achegar os medios de comunicación á aula. Durante esta semana traballamos na aula con xornais. Buscamos os nomes dos diarios, novas interesantes, fotos que nos chamaban a atención… Logo de investigar nos periódicos chegou a hora de escribir as nosas propias noticias. Para nós escribir inda é un pouco difícil, pero somos valentes e̷..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Infantil
EXPERIMENTANDO…
O mes pasado, os nenos de 5º de Infantil estiveron traballando «os animais» e que mellor maneira de rematar o tema que facendo un animaliño? Así que, un día soleado, decidimos xuntar un pouco de arxila de cores, líquido máxico, imaxinación… E velaí estaba o noso novo amigo…o gusanito Tito!
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Infantil
LER É UN PRACER!
Para conmemorar o Día do Libro, o pasado 26 de abril os alumnos de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria visitamos a Biblioteca Municipal. Marisol, a bibliotecaria, explicounos como ser socios e gustounos moito a idea. Animounos a descubrir o mundo máxico dos contos e gozamos ollándoos e lendo libremente. No colexio durante a semana recordamos escritores importantes como Miguel de Cervantes e non podía faltar unha lembranza para a escritora infantil Gloria Fuertes. Ler contos, poemas, h..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Infantil
PANADEIROS!
Fai uns días, os alumnos de 6º de Infantil, convertéronse en panadeiros por un día. Primeiro, tiveron que pensar que ingredientes precisaban para facer pan e, a continuación, pesaron as cantidades necesarias para a súa elaboración. Mesturaron todos os ingredientes e puxéronse mans á obra! Aínda que a algún non lle facía moita gracia iso de meter as mans nesa mestura pastosa e estraña, todos fixeron a súa boliña de pan. Despois de reposar un tempo, e de pasar polo forno… Ve..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Infantil
GLORIA FUERTES
Este ano celebramos o centenario do nacemento de Gloria Fuertes, a poeta dos nenos; e na clase de 4º de E.I. (3 anos) fixemos entre todos uns murais que María, nai de Mateo, preparou coa a axuda dos seus alumnos de bacharelato. Con rimas, poemas e cancións, aprenderon e repasaron parte da obra da nosa importante poeta, coma “Miña cara” ou “Parellas”. ¡Xa son todos uns poetas!
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Infantil
DRAMA´S TIME
Here is the story about Big Blue Fish and Small Red fish with our youngest pupils. Using drama activities has clear advantages for language learning. It encourages children to speak and gives them the chance to communicate, even with limited language, using non-verbal communication, such as body movements and facial expressions. Drama helps children to develop self-confidence, express their imagination, personalities and creativity. Dramatizing a text is very motivating and is fun. ..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Infantil,Sección Bilingüe
AS DIVER MATES
Na clase de catro anos estamos inmersos nos obradoiros de números, como lle chamamos nós. Con eles preténdese que os nenos potencien a súa intelixencia matemática xogando con distintos materiais creados especificamente para eles pola mestra. Nestes obradoiros trabállase por equipos base, cada equipo desempeña un xogo distinto que posteriormente irase intercambiando. Ademais, contan cunha gran variedade de xogos que van dende contar pedras e anotar cantas hai ata unha aproximación a suma...
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Infantil
MANS E NÚMEROS
Todo o que ocorre o noso arredor está cheo de matemáticas: paseamos pola rúa e temos sinais con formas de triángulos, círculos…; as fiestras e portas son cadrados e rectángulos; o cole está cerca e o súper está lonxe; as casas teñen números nas portas; un dado é un cubo e un balón é unha esfera; no parque hai un tobogán, tres balancíns, catro bambáns…; o neno sabe os seus anos, os da súa irmá e tamén sabe o teléfono da casa etc. Todos estes aprendizaxes informais..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Infantil