«CANTOS ÓRGANOS»

Cantos órganos necesitamos para sobrevivir!

Este trimestre o alumnado de 6º de primaria estivo estudando os diferentes aparatos que interveñen na función de nutrición: dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor.

Ao longo de varias semanas traballouse na clase a función de cada aparello e de cada un dos órganos que os conforman. Unha vez sabida a teoría, esta semana fomos de visita ao laboratorio para que os nenos/as puideran realizar unha aprendizaxe máis significativa de dito contido.

Alí, o primeiro que fixemos foi poder observar e manipular unha maqueta do corpo humano a tamaño real, así comprenderon moito mellor a localización de cada un dos órganos que conforman o noso corpo: estómago, riles, corazón, etc.

Despois, entre todos recoñeceron e manipularon órganos reais (de porco, que é bastante parecido ao dos humanos e de tenreira), identificaron as partes de cada un dos órganos, asociáronos ao aparato que pertencían, diseccionáronos cun bisturí para ver que había no interior…

Foi unha clase realmente produtiva, xa que todos/as estaban moi motivados/as. A aprendizaxe vivencial nunca se esquece, sigamos enchendo aos nosos rapaces/as de experiencias!

Blog Attachment

Déixanos un comentario