PRINCIPIO DE CURSO

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2020-2021 (COMEZO DAS CLASES ED. INFANTIL, ED. PRIMARIA)

O Claustro de profesores do colexio San José (HH. Carmelitas) quere darvos a benvida ao novo curso escolar.

Queridas familias:

Seguindo as indicacións da Consellería de Educación e o ”Protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19 para o curso 2020-21 para os centros de Ensinanza non Universitaria” publicado pola Xunta de Galicia, estamos a elaborar e adaptar dito protocolo ao noso Centro Educativo. De todas formas, podemos adiantar información e algunhas instrucións para unha mellor organización das familias e funcionamento do Colexio de cara ao comezo das clases de Ed. Infantil e Ed. Primaria:

A continuación sinalamos as medidas máis importantes que debemos ter en conta para este comezo de curso:

  • As familias tomarán a temperatura dos nenos e nenas na casa antes de levalos á escola. Os e as que teñan febre (máis de 37,5º), tose seca, dificultade respiratoria, fatiga severa (cansazo), dor muscular, falta de olfacto, falta de gusto ou diarrea, non acudirán ao Colexio. De igual modo, aqueles que mantiveron contacto cunha persoa afectada dentro ou fóra da unidade familiar deberán permanecer no domicilio.
  • De ser detectada febre ou outros síntomas a algún alumno ou alumna durante a xornada escolar, avisarase ás familias e deberán presentarse no centro coa maior brevidade posible.
  • Para a entrada e saída do alumnado de Ed. Infantil permitirase o acceso ao patio cuberto unicamente a un familiar ou persoa autorizada, que acudirá  debidamente protexida coa  máscara, mantendo en todo momento as distancias de seguridade. As familias de Ed. Primaria non poderán acceder ao recinto escolar, tan só con cita previa.
  • Segundo as instrucións do protocolo, o alumnado e as familias non permanecerán nos patios á hora de entrar e saír.
  • Lembramos que non se debe aparcar diante do centro (rúa Currás) co fin de evitar aglomeracións e como medida de seguridade.
  • As familias non deixarán os carriños dentro do centro. 
  • Recomendamos o uso de máscara para todo o alumnado, sendo obrigatorio a partir dos 6 anos. Terase unha máscara de reposto gardada nun estoxo ou bolsa no pupitre, así coma un bote de xel hidroalcohólico de uso individual.
  • Para unha chegada e saída gradual dos nenos e nenas, pregarase puntualidade ás familias e o cumprimento estrito dos horarios que se mencionan a continuación. 

         HORARIOS DE INFANTIL E PRIMARIA (pinchar aquí)

  • O Servizo de Madrugadores (todos os días ou ocasional) comezará a partir do luns, 14 de setembro, en horario de 08:00 a 09:00 horas. O alumnado poderá acceder entre as 08:00 e as 08:30 horas. Por cuestións sanitarias será individualizado, cada alumno ou alumna na súa aula.
  • O Servizo de Comedor tamén comezará o luns, 14 de setembro, e as familias poderán recollelos entre as 14:50 e as 15:15 horas. Será coma en anos anteriores para os fixos (todos os días) ou ocasionais (previo aviso en secretaría antes das 10:00 horas por teléfono ou avisando o alumnado ao titor á hora de chegar á aula). 

Agradecemos de antemán a colaboración de toda Comunidade Educativa para que poidamos manter unha ensinanza presencial ao longo de todo o curso, para iso pedimos un estrito cumprimento das  instrucións e recomendacións que iremos dando, e dependendo sempre das ordes ditadas polas Consellerías de Educación e Sanidade.

Ao comezar as clases ampliaremos a información do protocolo para este curso escolar. Se tedes algunha dúbida consultádea chamando ao teléfono: 986 60 89 14 ou correo electrónico: cpr.sanjose.aguarda@edu.xunta.es

 

Coidádevos moito e Bo curso escolar 2020-2021! 

Blog Attachment

Déixanos un comentario