A NOSA ECONOMÍA

O pasado xoves 24 de outubro, o grupo de Economía de 4º da E.S.O. realizou una visita didáctica á tenda de RenovaPhones na vila da Guarda.

Alí, os alumnos e alumnas coñeceron de primeira man cómo foi o proceso de constitución desta pequena empresa local. Lucas e Pepe contáronlle ó grupo a historia do seu negocio, dende os seus inicios nunha garaxe, onde os fundadores vendían teléfonos móbiles importados dende China, ata o presente, no que a empresa, xa consolidada, está no seu segundo local comercial e conta coas franquicias de PepePhone, Másmóvil e RenovaPhones.

Ademáis de comentar a súa historia, Pepe e Lucas tamén explicaron distintos aspectos técnicos relativos á súa actividade empresarial, entrando en ingresos e gastos, financiación, obrigas co Estado e responsabilidade legal, temas todos eles que serán tratados a nivel teórico no bloque adicado á empresa da asignatura de Economía.

Despois da charla, os alumnos visitaron na trastenda o pequeno taller onde Lucas e Pepe reparan teléfonos  e ordenadores.

Rematada a visita, os alumnos voltaron para o cole cun pequeno agasallo e cunha experiencia de contacto directo co comercio local, coñecendo de primeira man a historia de xente emprendedora da súa vila.

Esta visita tiña coma obxectivo principal servir coma introducción ó bloque temático sobre a empresa, así coma inspirar ó grupo para un proxecto de empresa que deberán realizar durante o desenvolvemento do devandito tema.

 

Blog Attachment

Déixanos un comentario