DOMUND 2019

Como cada ano, o penúltimo domingo do mes de Outubro conmemoramos o día do DOMUND. As Obras Misionais Pontificias en España  propuxeron como lema para o Domund 2019, “Bautizados e enviados”.

A Xornada do Domund, ofrécenos unha espléndida oportunidade para  coñecer mellor aos misioneiros/as que xa están cambiando o mundo e descubrir cómo nos, cada un desde o noso  lugar e circunstancias, podemos colaborar con eles.  Os misioneiros son exemplo de persoas comprometidas coa vida. Eles,  a través de  accións concretas  transforman a realidade de pobos e persoas con nome e apelido.  Eles poden ser para todos, e en especial para os rapaces, un exemplo de compromiso.

 

Os nenos do noso colexio participan nesta campaña de solidariedade, e cos donativos que recadamos contribuímos a  que os misioneiros e misioneiras poidan realizar mellor a súa misión de axuda aos máis desfavorecidos.

Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración.

Recomendámosvos  que vexades o seguinte vídeo para comprender mellor o traballo de estas persoas:

Blog Attachment

Déixanos un comentario