DOAR É SOLIDARIO

O pasado mércores os  alumnos de  3º e 4º de ESO participaron no Programa de divulgación en Doazón e Transplante organizado pola Coordinación Autonómica de Transplantes da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) para o curso 2019/20.

Tanto o alumnado como o profesorado asistente a esta charla comprenderon que a vida de moitas persoas están pendentes dunha acción solidaria, a doazón, e deste xeito imos construíndo unha actitude máis aberta cara ao proceso de doazón. Contamos coa información e os coñecementos dunha enfermeira da OCT, Marta,  e a vivencia en primeira persoa dunha transplantada, Lola.

O obxectivo da charla foi concienciar aos rapaces cunha actitude solidaria e consciente, parte fundamental do seu desenvolvemento humano.

Blog Attachment

Déixanos un comentario