SANTA JOAQUINA

Como cada ano por estas datas, a Comunidade Educativa celebramos  as festas de Santa Xoaquina e lembramos  á nosa fundadora cunha Eucaristía na que participamos todos: os alumnos do colexio, familias, irmás da comunidade, profesores, exalumnos, persoal de administración e servizos…

Foi, como en outras ocasións, unha celebración pensada por e para os nenos, onde recordamos o 125 aniversario da chegada das irmás a nosa vila, Os máis pequenos asistiron a primeira parte e preparáronnos unha fermosa ambientación continuando co traballo das árbores de  principio de curso (MEDRAR E CAMBIAR). Nesta ocasión,  engadironlle os frutos (aprendizaxe, afán de superación, autonomía, respeto…) e una gran maceta que axuda a que se manteñan en pé (familia, amigos, fe…). Coma sempre,  deleitaronnos coa sua espontaniedade e alegría.

Despois xa continuamos os maiores ata o final .O grupo de guitarras do colexio, acompañado pola súa profesora foi o encargado de pór a nota musical a celebración. Non podemos olvidar tamén o protagonismo que tiveron os alumnos de 4º de ESO que realizaron unha emotiva acción de grazas, onde nos prometeron que volverán ao colexio a visitarnos. ASÍ O DESEXAMOS

Blog Attachment

Déixanos un comentario