CELEBRAMOS O NADAL

O pasado xoves celebramos o festival de Nadal. Como cada ano estivo repleto de grandes momentos: non faltaron os bailes, as panxoliñas, os teatros e as reproducións de anuncios, programas de actualidade, etc. Unha boa forma de pasar un bo rato todos xuntos.

Para rematar estas festas o venres despois da tradicional Eucaristía tivemos unha comida compartida por toda a comunidade educativa. Son datas que nos achegan aos que máis queremos.

Bo Nadal a todos!

Blog Attachment

Déixanos un comentario