EXCURSIÓN 1º, 2º E 3º

Se hai unha cousa que nos encanta é viaxar, facer excursións en autobús.

Onte fixémolo para ir ao teatro Afundación a desfrutar da obra “A galiña azul”. Gustounos moito, divertímonos e tamén aprendemos: ás veces non é doado ser diferente, ás veces as cousas que chegan de fora rexeitámolas…pero tamén, moitas veces triunfa a solidariedade das persoas.

Aproveitamos para percorrer a zona vella de Vigo e comprobar que é certo que hai moitas luces, aínda que estaban apagadas…pero algunha atopamos!

 

Déixanos un comentario