PRECISO AXUDA!

Fai uns días, na clase de 4 anos, recibimos un paquete xigante. Cando o abrimos, atopamos moitas cousas dentro relacionadas cós espectáculos, pero non sabiamos porque chegara ese paquete a nos e quen o enviaba.

Cando comezamos a sacar cousas da caixa, atopamos unha carta dun rapaz chamado «Perigo» ou polo menos, iso é o que él lembra. Resulta que este rapaz traballaba no mundo dos espectáculos pero sufriu unha caída e, dende ese momento, o único que lembra é que traballa nun sitio no que hai moita xente que aplaude e luces de cores. Ademais, afirma que os seus compañeiros chámanlle «Perigo», aínda que él cree que ese non é o seu nome.

Perigo, como sabe que nos gustan as aventuras, propúxonos buscar información sobre os espectáculos para axudarlle a lembrar quen é e onde traballa. Por iso, as nosas familias están traballando moito na casa na procura de información relacionada cos espectáculos e nos, coa profe, traballamos no noso caderno e buscamos información para poder axudar ao noso amigo.

Conseguirémolo?

Blog Attachment

Déixanos un comentario