LER É CRECER

Xa queda pouquiño para rematar o curso, e os nenos e nenas de 6º de educación infantil están moi contentos porque aprenderon moitas cousas novas.

 Os 5 anos é a idade máxica onde os nosos fillos e fillas comezan a expresar os seus sentimentos, ideas e opinións. Comezan a ter moita curiosidade pola lectura, coñecer letras novas e tamén saber escribilas.

Por iso traballaron moitísimo no taller de lectoescritura e grafomotricidade, e así pouco a pouco comezaron a encontrarlle o sentido ás letras.

E agora, papás e mamás, é a hora de sentarse e desfrutar do sonido da voz dos nosos fillos e fillas ao ler pequenas frases e ver como comprenden o seu significado.

 Así que, en canto remate o curso, a descansar que o teñen ben merecido.

Blog Attachment

Déixanos un comentario