O MONTE VIVO

O pasado 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, os alumnos de 5º e 6º de Primaria, participaron nunha charla divulgativa impartida por Ricardo, Xefe do Distrito Forestal XVIII, que contou coa axuda de  Tomás (alumno en prácticas e ex alumno do noso colexio). Con esta actividade tentamos fomentar a participación activa e responsable dos nosos alumnos na protección do medio natural fronte aos incendios forestais; permitindo que tomen conciencia dos valores dos bosques, o seu uso sostible, e a contribución á protección da biodiversidade. É importante que dende ben pequenos os nenos se conciencien sobre a influencia dos incendios forestais sobre o equilibrio ecolóxico, as perdas que supón en canto a diminución da biodiversidade, da capacidade produtiva do monte, do ocio …

Coñeceron tamén de primeira man cales son as funcións e en que consiste o traballo dos axentes forestais, así como cales son algunhas das principais medidas a adoptar para evitar un incendio ou para apagalo, no caso de que fora preciso. Grazas  axentes pola voso labor.

Blog Attachment

Déixanos un comentario