O NOSO DÍA

Como cada ano por estas datas, a Comunidade Educativa celebra  as festas de Santa Xoaquina e lembra  á nosa fundadora cunha Eucaristía na que participan todos: alumnos, familias, irmás da comunidade, profesores, antigos  alumnos, persoal de administración e servizos…

Celebramos cos máis cativos o 124 aniversario da chegada das irmás a nosa vila, con unha tarta xigante. Escoitamos una entrañable  mensaxe  de Xoaquina as irmás, que pronto comezarán unha nova etapa e cantamos e celebramos xuntos que formamos parte da familia Vedruna.

Non podemos olvidar tamén o protagonismo que tiveron os alumnos de 4º de ESO que realizaron unha emotiva acción de grazas, onde nos prometeron que volverán ao colexio a visitarnos e non nos esquecerán. ¡Así o desexamos!

FELIZ DÍA DE SANTA XOAQUINA

Blog Attachment

Déixanos un comentario