OS NOSOS MÚSICOS
O comezo desta semana visitáronnos os profesores de música do conservatorio da Guarda, onde nos explicaron curiosidades sobre os distintos instrumentos.
O luns foi o turno da familia de corda, en concreto da guitarra, do violín e do piano. Participaron na actividade, Paula e Sabela Ortega, Nicolás Lomba e Paula González, tocando pezas de diferentes estilos.
O martes actuou a familia de vento e a familia de percusión. Escoitamos unha melodía de cada un deles, da flauta traveseira, do clarinete, do saxofón, da trompa, da trompeta, do trombón, do bombardino e da batería. A continuación, en conxunto interpretaron diversas obras musicais, como melodías coñecidas de debuxos animados e repertorio actual, tal como “Despacito”. Nesta sección actuaron Nerea (unha antiga alumna) e Lucía.
O mestre de gaita mostrounos e falounos sobre as curiosidades da “gaita”, sorpendeunos que tamén se poden tocar melodías como “Os Simpsons” con este instrumento. Para rematar, Inés interpretou unha peza da nosa cultura musical.