M.ª VICTORIA MORENO

Os alumnos da ESO contribuíron os días previos á festividade das Letras Galegas a decorar o colexio cos traballos feitos por eles mesmos e os seus compañeiros doutros cursos, así como con carteis sobre M.ª  Victoria Moreno, a escritora homenaxeada este ano.

 O caso desta escritora é ben curioso: nacida en Estremadura e sen vinculación algunha con Galicia ata que veu traballar aquí como profesora, o seu foi amor a primeira vista pola nosa terra, costumes e, sobre todo, pola nosa lingua e literatura. Escribiu e publicou ao longo da súa vida numerosos relatos e contos en galego, ademais de ensinar a nosa lingua en anos difíciles nos que non estaba permitido facelo. Grazas, M.ª Victoria Moreno, por demostrar que o amor polo galego pode traspasar fronteiras!

Blog Attachment

Déixanos un comentario