LETRAS GALEGAS

O pasado luns asistimos ó espectáculo máxico-literario «Ilusión por e para Mª Victoria Moreno» convidados polo Concello da Guarda debido a conmemoración do día das Letras Galegas.

Martín Camiña, un mago con moito sentido do humor, contounos un pouquiño da vida e obra da escritora a quen se lle adica este día e levou a cabo diferentes trucos de maxia que nos mantiveron anonadados durante a actuación. 

Fíxonos participes do espectáculo en todo momento, sendo un deles este, no que Brayan foi un dos elixidos para realizar unha actividade.  

 

Blog Attachment

Déixanos un comentario