SOMOS VEDRUNA

O persoal do centro e as irmás da comunidade xuntámonos na capela do colexio para celebrar o aniversario da fundación  Carmelitas da Caridade por parte de  Santa Xoaquina.

Nun sinxelo acto recordamos Os acontecimentos que tiveron lugar ao inicio da súa obra e cómo soubo saír dos problemas. A súa pedagoxía do amor, a atención aos máis necesitados, o espírito de sacrificio…son algúns dos seus principios fundamentais.

Ao rematar, e como símbolo de cariño e cercanía, porque todos somos e nos sentimos parte da familia Vedruna, recibimos coma agasallo un pequeno bote de mel. Este mel é o símbolo dunha máxima da nosa fundadora: “Conséguese máis cunha gota de mel que cun barril de vinagre”.

Blog Attachment

Déixanos un comentario