SAÍDA 4º, 5º E 6º

O pasado martes, os alumnos e alumnas de cuarto, quinto e sexto de primaria realizaron unha saída didáctica que os levou os arredores de Pontevedra.

Durante a mañá visitaron o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro. Alí, as monitoras explicáronlles o significado dos petroglifos atopados, realizaron unha xincana polas inmediacións daquel monte e para despedilos fixeron lume utilizando os artiluxios de antaño. 

Pola tarde, achegáronse ao Parque dos Sentidos, tamén chamado Granxa de Briz, situado en Marín. Onde xogaron libremente descubrindo rincóns con moito encanto. 

Blog Attachment

Déixanos un comentario