EN HARMONÍA

O Día Escolar da Non Violencia e Paz é unha efeméride creada en España no ano 1964 polo poeta e pacifista mallorquín Llorenç Vidal. Practícase o 30 de xaneiro de cada ano, no aniversario da morte de Mahatma Gandhi. Como di o seu fundador é “unha semente de non-violencia e paz, depositada na mente e no corazón subconsciente das e dos educandos”. Dende a asignatura de Música conmemoramos este día dando a coñecer o gran labor a prol da paz realizada por Daniel Barenboim, pianista e director de orquestra arxentino nacionalizado español, israelí e palestino. No 2011 foi candidato ao Premio Nobel da Paz.Durante esta semana o alumnado traballou cooperativamente a paz como tema transversal a través da música, realizando labores de investigación sobre o proxecto da West-Eastern Divan Orchestra, unha iniciativa para reunir cada verán a un grupo de mozas e mozos;músicos talentosos de orixe israelí, árabe e/ou española. Recibiu o premio Príncipe de Asturias da Concordia.

Ademais, a través de audicións musicais da dita orquestra traballáronse aspectos relacionados especificamente coa nosa asignatura e, alén diso, combinouse o estudo e desenvolvemento musical co coñecemento dunha experiencia que facilitou a comprensión entre culturas que foron, e desgraciadamente seguen a ser, rivais.

Blog Attachment

Déixanos un comentario