ADVENTO

O Advento é o primeiro período do ano litúrxico cristián. Tempo de preparación para o Nadal onde celebraremos o nacemento de Cristo.

Durante o Advento, colócase nas igrexas e nalgúns fogares unha coroa de polas de pino, chamada Coroa de Advento. Esta coroa ten catro candeas, unha por cada domingo anterior o Nadal.

Hai unha pequena tradición: a cada unha de esas catro velas asígnaselle unha virtude que hai que mellorar  nesa semana. Nós adaptaremos eses valores a os que temos que traballar no noso proxecto educativo.

Cada semana iremos prendendo unha candea na ambientación onde se reflectirán os valores traballados sobre unha coroa de follas.

Coa oración e reflexións que faremos estes días pretendemos realizar un camiño de Advento. Trátase de motivar aos alumnos cara a valores moi concretos: solidariedade, xenerosidade, esperanza, colaboración, fe, diálogo e compromiso. Os valores axúdannos nestes momentos nos que miramos un pouco máis detidamente ao noso arredor.

Os alumnos e nós mesmos poderemos profundar sobre os nosos sentimentos e pensamentos, darnos conta da importancia que lle damos ás cousas e ás persoas. Isto axudaranos a abrir o noso corazón ao Xesús do berce: en todo aquilo que nos fae ser mellores persoas, a atopar a Xesús nos outros, a ser sensibles ás necesidades dos demais, e, a ser “Xesús” para os que están a o noso carón e para os que non están pero sabemos que existen e sofren. Trátase de que nos demos conta de que a chegada de Xesús é un motivo de alegría e queremos anuncialo.

 

 

Blog Attachment

Déixanos un comentario