A VIDA NO EXÉRCITO

O pasado xoves día 23, tivemos a visita no colexio de  tres representantes da Subdelegación de Defensa de Pontevedra para explicarlles aos alumnos de 3º e 4º de ESO as posibles saídas profesionais que poden ter se se interesan por continuar os seus estudos  nas Forzas Armadas. O Capitán de Fragata César Barros Fraga, o Comandante de Mariña Óscar Iván Iglesias Sánchez e a Tenente de Aviación Vanessa Carballido Gómez   informaron aos rapaces e rapazas de como é o seu traballo no exército, do valor desta institución na sociedade actual   e animáronos a formarse nos seus Centros de Ensinanza. Moitas grazas polo voso tempo!

Blog Attachment

Déixanos un comentario