OS NOSOS DEREITOS

Como cada 20 de novembro, no colexio, conmemoramos o Día Universal do Neno. Nesta xornada preténdese chamar a atención sobre a situación que aínda hoxe viven moitos nenos e nenas, que non poden disfrutar dos principais dereitos que temos recoñecidos, como son: educación, identidade, integridade, saúde, igualdade …

Esta data tamén serve para pedirlle aos gobernantes das nacións  que  sigan  traballando en prol do sector máis vulnerable.

Os rapaces e rapazas da nosa clase realizamos diferentes traballos para coñecer máis a fondo os  nosos dereitos, e sobre todo para ser máis conscientes da situación que aínda hoxe atravesan moitos nenos e nenas do mundo.

Tamén colocamos no patio uns globos nos que escribimos os nosos desexos e denuncias.

Denunciamos dende aquí os abusos infantís, a fame, a explotación, a carencia de vacinas… e tantas e tantas  inxustizas  ás  que moitos nenos e nenas coma nós están sendo sometidos e esiximos que lles sexan recoñecidos os seus dereitos.

Blog Attachment

Déixanos un comentario