PONTE DE PAPEL

Neste trimestre en 2º da ESO vaise levar acabo o primeiro dos proxectos propostos para este curso: unha ponte de papel.

Aínda que a primeira vista parece sinxelo,en realidade,terán que facer o mellor deseño posible utilizando estruturas trianguladas.Ben certo é que só poderán utilizar:papel para facer a estrutura, cartón para o taboleiro superior, pegamento termofusible para as unións e cinta adhesiva para a suxeición previa. O cal diminúe a súa capacidade para soportar peso, polo que terán que facer un bo estudo de cal é a estrutura que dará maior estabilidade ó seu deseño. Xa que o reto que se lles propuxo é construir unha ponte que soporte a maior cantidade posible de botellas cheas de auga sen romper.

Nas fotos que acompañan a esta nova pódese ver aos alumnos traballando en grupos de tres debatendo entre eles para elixir o deseño gañador de cada equipo. Tras este primeiro paso terán que comezar o reparto de tarefas que deberá ser equitativo e rotativo para que todos teñan a oportunidade de facer de todo. Porque un dos principais obxectivos é aprender a traballar en equipo

Máis adiante poranse na páxina web algunhas fotos mostrando os resultados dos seus continuados esforzos

Blog Attachment

Déixanos un comentario