GRADUACIÓN 4º ESO

O pasado venres, 16 de xuño, os nosos alumnos e alumnas  de 4º de ESO puideron desfrutar, xunto coas súas familias e amigos, da súa “despedida oficial” do colexio.

O acto consistiu nunha Eucaristía, na lectura de diferentes discursos cos que tivemos a oportunidade de recordar moitos   bos momentos, rir e  ata emocionarnos, e a entrega de orlas e intercambio de  agasallos. Despois fomos todos xuntos  ata o patio cuberto, onde ceamos uns riquísimos pinchos e os deliciosos postres que eles mesmos e as súas familias trouxeron. Noraboa, rapaces, botarémosvos de menos!

Blog Attachment

Déixanos un comentario