VISITA DAS CAMPIOAS

O mércores día 7 de xuño tivemos a inmensa sorte de disfrutar da visita de catro das xogadoras do Mecalia Atlético Guardés, recentes gañadoras do título de liga de balonmán feminino. Con moitísima simpatía e paciencia, Estela Doiro, Anthía Espiñeira, Ana Cerqueira  e Raquel  Lorenzo  responderon a todas as preguntas que lles quixemos facer,  mostráronnos como lanzar un balón, fixéronse fotos connosco e firmaron pósters, camisetas, bufandas e… ata brazos!

As catro estiveron de acordo en que o seu título só puido chegar despois de moito esforzo e dedicación, e valoraron como fundamental o traballo conxunto que fan no equipo, máis aló das cualidades individuais de cada unha.  Animáronnos a loitar polos nosos soños con paixón  e a non rendernos ante a primeira dificultade, pois só así se conseguen as grandes metas.

Moitísimas grazas, campioas, por acompañarnos e  moita sorte a próxima temporada!!

Blog Attachment

Déixanos un comentario