AS DIVER MATES

Na clase de catro anos estamos inmersos nos obradoiros de números, como lle chamamos nós. Con eles preténdese que os nenos potencien a súa intelixencia matemática xogando con distintos materiais creados especificamente para eles pola mestra.

Nestes obradoiros trabállase por equipos base, cada equipo desempeña un xogo distinto que posteriormente irase intercambiando. Ademais, contan cunha gran variedade de xogos que van dende contar pedras e anotar cantas hai ata unha aproximación a suma.

Xa somos todos uns expertos!

Blog Attachment

Déixanos un comentario