MAQUETA TOPOGRÁFICA

Na materia 4º de ESO de bioloxía e xeoloxía, fixemos unha maqueta topográfica, partindo dun mapa a escala 1:25000, que representara unha zona na que aparecesen diferenzas de relevo, canto máis importantes mellor.

Repartimos a zona escollida en grupos, onde cada un deles tivo que calcar as curvas de nivel, comezando dende as de menor cota ata as de maior cota. Cada curva de nivel trasladouse ao material elixido (cartón), para logo recortala e ir pegando as sucesivas capas unhas enriba doutras para reproducir a paisaxe escollida.

Nas imaxes podedes ver un dos mapas cos que traballamos, e unha parte do resultado que obtivemos. Seriades quen de adiviñar cal foi a zona sobre a que traballamos?

Blog Attachment

Déixanos un comentario