LETRAS GALEGAS

O xoves pola mañá, todos os alumnos e profes do centro desfrutamos dunha pequena celebración con motivo do Día das Letras Galegas, na que contamos con dúas interesantes entrevistas: unha ficticia,  a Carlos Casares (interpretado por un alumno da ESO) e outra real, ao músico e compositor Andrés Álvarez Hernández, que nos contou moitas curiosidades sobre a súa vida profesional, os premios internacionais que acadou, as  colaboracións con destacados representantes do mundo da cultura, etc.   

Despois das entrevistas, todos os alumnos de Infantil e Primaria cantaron a estrofa que cada curso compuxera sobre a vida de Carlos Casares e que foi musicada polo noso invitado Andrés Álvarez. E como homenaxe final,  a alumna de 4º de ESO, Alba Rodríguez,  bailou unha peza musical súa.

Para rematar a celebración, fomos chamando ao escenario a todos os alumnos e alumnas gañadores dos premios do concurso de debuxo e literario que organiza a Agrupación Cultural Guardesa e démoslles un forte e merecido aplauso. Moi ben feito, rapaces!

Blog Attachment

Déixanos un comentario