MUNDO EQUINO

Primeiro e Segundo de Primaria volvémonos fans de Tui, alí estivemos outra vez de excursión o mércores día dez de maio, concretamente a Equigalia, onde con moito cariño nos recibiron Elvira e Paula, nai e filla entregadas ao mundo do cabalo.

Comezamos a visita recorrendo as instalacións, primeiro ao aire libre aproveitando que non chovía, alí estaban pastando algún que outro cabalo, un poni e un burro.

Unha vez dentro das naves puidemos estar ao lado de grandes cabalos, animais que están concursando a nivel nacional e internacional, sobre todo na especialidade de salto. Quedamos todos e todas abraiados con Nepal, o cabalo mais alto que vimos, como ben dicía Paula parece unha xirafa, pero que mansiño era, puidemos entrar dentro da súa cuadra, observámoslle as ferraduras, acariciámolo…

Despois de aprender unha morea de curiosidades, aproveitando que nós  estabamos merendamos Elvira explicounos o tipo de comida que inxiren estes animais.

E chegou o momento mais esperado, poder montar aos ponis que antes de nada tivemos que cepillar.

Para rematar a estancia na hípica, Paula fíxonos unha demostración montando a un dos ponis que nós montamos. E finalmente, soltamos a Petit, un poni tipo D, que son os mais grandes. Neste momento demostrounos o contento que estaba dando brincos e coces, correndo a mais non poder e acercándose a nós de vez en cando para recibir as caricias que tanto lle gustaban.

Grazas ao equipo de Equigalia pola paixón que nos transmitíchedes.

Blog Attachment

Déixanos un comentario