APRENDER XOGANDO

Neste último tercio de curso, os alumnos de 3º de primaria, imos a aprender máis xogando. Xa a comenzos deste trimestre, na área de Ciencias Naturais, fomos varias veces ao laboratorio para estudar esta asignatura dende un punto de vista práctico. Facendo experimentos, no laboratorio do colexio, e mediante a observación directa sacando as nosas propias conclusións.

Desta volta, e dende matemáticas, estamos traballando (xogando) con xeoplanos. Instrumento que serve para crear as nosas propias figuras xeométricas e comprobar a teoría que nos presenta o mestre en cada sesión. Creamos e comparamos os tipos de ángulos, triángulos, cuadriláteros (cadrados, rectángulos, rombos e romboides),…así, manipulando, é máis doado estudar a xeometría.

Blog Attachment

Déixanos un comentario