SEMANA DA PRENSA

Os alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria conmemoraron estes días » A semana da prensa». A tal fin utilizamos nas aulas os diferentes medios de comunicación, tanto escritos como dixitais. 

En xeral, os alumnos estiveron moi motivados e colaboraron na confección dos diferentes traballos que se propuxeron. Traballos moi diversos, dende o simple recorte e pegado de noticias, pasando pola elaboración dun periódico do centro, ata o deseño audiovisual dun telexornal e unha revista cultural. Tamén se fixo traballo de investigación, no que os rapaces puxeron moito empeño e dedicación.

Dende o departamento de Lingua e Literatura Castelán consideramos que foi unha semana atractiva e positiva, onde os alumnos traballaron de xeito diferente e motivador. Algún exemplo o podedes comprobar nos seguintes enlaces:

 

https://www.youtube.com/watch?v=WGjL-q67qXg&feature=youtu.be

 

Blog Attachment

Déixanos un comentario