CARNAVALEANDO…

Aproveitando que estamos en pleno Entroido, a continuación mostrámosvos como o celebramos en Segundo de Primaria. Non fixemos nada diferente, tan só tentar desfrutar!

A principios de semana comezamos adornando a porta da nosa clase coas típicas máscaras, que despois nos serviu como photocall para o xoves, día libre de uniforme, benvidos aos bombeiros, policías, princesas, astronautas…Aquí podedes ver a variedade de disfraces!

Para o recreo, Íker tróuxonos “flores”, unha das sobremesas tradicionais destas datas. Ademais, explicounos con todo detalle, con póster incluído, como as foron elaborando en familia. Que ricas estaban! Grazas…

 

Blog Attachment

Déixanos un comentario