REVOLUCIONAMOS TUI

O pasado mércores 22 de febreiro as dez da mañá, os grupos de Primeiro e Segundo de Primaria chegamos a Tui para levar a cabo a nosa segunda excursión en ben pouquiño tempo! Esta vez a viaxe foi en “bus” como tanto agardábamos…

A primeira visita foi a “Reptigalia”, unha exposición de réptiles, anfibios e artrópodos. Alí convertémonos en auténticos investigadores, incluso tivemos a sorte de poder tocar un par de animais.

Despois de estar tan concentrados entrounos fame! Polo que nos desprazamos ó parque do Penedo, ao lado do Río Miño, onde merendamos e xogamos.

Para finalizar a estancia “un, dos, un, dos,…” coma soldados, dirixímonos a Comandancia Naval, o Comandante 1º foi o encargado de darnos a benvida e a continuación, explicáronnos en que consistía o seu traballo ademais de mostrarnos as instalacións e aparellos que empregan.

Agradecer a colaboración de Reptigalia, Comandancia Naval de Tui e ATSA.

Blog Attachment

Déixanos un comentario