ORGULLOSOS DO NOSO

Temos moitas ganas de que todo o mundo coñeza o noso concello e todas as cousas que ofrece, así que os nenos e nenas de cuarto curso de primaria estiveron traballando niso. Primeiro buscaron información  e logo realizaron uns carteis publicitarios do concello da Guarda e tamén do concello veciño do Rosal (xa que algún dos nenos  son de alí).

Nos carteis infórmannos de diferentes cousas moi interesantes:

Os pratos típicos da zona ( polbo á feira, lagosta, empanada de grelos…) festas gastronómicas (festa da lagosta, festa da rosca de xema…) , lugares que merece a pena visitar (Monte Sta Tegra, Castelo de Sta Cruz, Atalaia, Pesqueira, Niño do corvo…

Son moi importantes as nosas festas que atraen a xente de diversos lugares: Festa do Monte, Feira do viño…

Os nenos puxeron moitísima ilusión neste traballo e desexan que todo o mundo se anime a coñecer o noso paraíso.

Blog Attachment

Déixanos un comentario