OS TRANSPORTES

Traballar na aula por proxectos supón escoitar os nenos da clase, descubrir o que lles interesa e motivar a partir do que xa saben para chegar o que eles queren saber. E así foi como na clase de 4 anos chegaron os transportes …

Despois de días escoitando: o meu pai lévame no carriolo, temos na casa unha moto de trial, regaláronme un coche de carreiras e vendo as caras de emoción e ilusión cando se falaba do tema, decidimos coñecer moito mais.

Grazas a profe Lucía coñecemos os diferentes vehículos que podemos atopar na estrada, os transportes públicos, as sinais de tráfico, creamos o noso propio vehículo, xogamos e rimos.

As familias tamén nos axudaron un montón, moitas grazas!!

 

 

 

Blog Attachment

Déixanos un comentario