HÁBITOS SAUDABLES

Os alumnos e alumnas de 3º de primaria viviron, este luns 13 de febreiro, unha xornada de clase diferente e moi enriquecedora. Para esta sesión, que durou unha hora e media, estiveron presentes a maioría dos pais e nais dos propios nenos e nenas.

 

A sesión comezou cunha exposición, por parte dos rapaces, de todo aquilo que aprenderan no tema da nosa saúde: Os alimentos que debemos tomar, os nutrientes que conteñen, dieta saudable, hábitos saudables (facer exercicio, hixiene, postura corporal, alimentación e descanso). A continuación, puxemos un vídeo de comida aditiva e fixemos un debate familiar. Logo, usando técnicas de intelixencias múltiples (C E R) e traballo cooperativo (lápices ao centro) sacamos conclusións sobre: os 10 alimentos máis aditivos, os seus ingredientes, propostas para evitalos… Finalmente rematamos cun vídeo, con moito humor, sobre os alimentos sans  diferenciándoos dos prefabricados.

Os pais e nais asistentes, igual que os alumnos e alumnas, marcharon contentos por compartir unha xornada interesante, onde se tratou un tema que lles afecta aos seus fillos no día a día.
Na entrada do colexio hai unha exposición que podedes visitar. Consta de dúas pirámides unha alimentaria e outra de hábitos saudables, coas súas recomendacións correspondentes.

Blog Attachment

Déixanos un comentario