PENSANDO NELES

Como cada ano, no mes de febreiro, celebramos o día do bocata solidario.

Os alumnos dende 3º primaria ata 4º E.S.O e os profesores quedámonos a xantar no colexio, despois das clases da mañán.

Ao mesmo tempo fixemos unha aportación económica para recadar fondos e colaborar con Manos Unidas na loita contra a mortalidade infantil e a desnutrición no mundo.

Con este xesto queremos solidarizarnos coas persoas que pasan fame e contribuir a conseguir un mundo mais xusto .

Despois do xantar houbo xogos e actividades lúdicas para todos.

Blog Attachment

Déixanos un comentario