AULA TALLER
Nas últimas semanas o alumnado de segundo e terceiro da ESO tivo oportunidade, en Tecnoloxía, de traballar na aula taller para comezar a darlle forma ao seu proxecto. No caso de 2º da ESO o proxecto que están a levar a cabo en grupos de tres é a construción dunha ponte levadiza accionada por poleas. Na primeira fase o accionamento farase de xeito manual e na segunda fase o accionamento farase a través dun motor eléctrico que xirará as poleas de xeito que suba ou baixe a ponte levadiza. ..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Secundaria