RECICLANDO XUNTOS

Son moitas as razóns para reciclar: aforro de enerxía e recursos, menor contaminación, creación de emprego… Unha boa parte do éxito dos programas de reciclaxe depende da colaboración de todos e xa dende pequenos é unha tarefa moi importante que contribúe á conservación do medio ambiente e á creación dun  mundo mellor.

 foto-noticia-1

Nas clases de Educación Infantil e dunha forma lúdica, explícaselles aos nenos a importancia da reciclaxe a través de xogos de mesa, manualidades con materiais reciclados, xogos online, etc.

foto-2

foto-3

Xa son todos uns campións no coidado e conservación do medio ambiente!

Blog Attachment

Déixanos un comentario