SOMOS SOLIDARIOS
A pasada semana os rapaces de 1º de ESO colaboraron coa Asociación local San Vicente de Paúl descargando alimentos procedentes de Vigo e que posteriormente serán repartidos entre os máis necesitados. Actividades como esta, son un exemplo das accións de voluntariado que o Departamento de Pastoral promove no centro dende o curso pasado. Damos as GRAZAS a Asociación San Vicente de Paúl por contar con nós para poder axudar.
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Secundaria,Pastoral