DESCUBRINDO…
NA SALA DE INFORMÁTICA! Os nenos e nenas de primeiro de primaria visitaron o pasado martes a aula de informática do segundo andar do cole para practicar coa computadora e o rato a súa coordinación óculo-manual, ao tempo que nos servíu para familiarizarnos con outro tipo de ferramentas de traballo dentro da escola e para aumentar a motivación ante a propia aprendizaxe. Pasámolo moi ben e divertímonos moito a pesares que o tempo pasou moi rapidiño… Volveremos a visitala moi pronto!
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Primaria