Welcome Ronan!

ronan-ninos-web

Moi boas a todos! Hoxe estamos con todos vós para presentarvos ó noso novo compañeiro que ficará este curso no noso centro. Chámase Ronan, é irlandés, e está a finalizar o doctorado na Universidade de Vigo.

Neste curso 2016 /17 vai traballar con tódolos alumnos do centro coma auxiliar de conversa e mestre de inglés nas actividades extraescolares da tarde.

Ronan defínese coma un entusiasta da súa lingua e os costumes do Reino Unido, encántalle traballar cos alumnos na súa lingua nai, así como aprender con eles cada día e compartir experiencias, a través de dinámicas divertidas, motivadoras e en continuo movemento cos cativos.

Desde o centro queremos darlle unha agarimosa benvida  e desexarlle boa viaxe na súa aventura Vedruna!!

Blog Attachment

Déixanos un comentario